jueves, 22 de junio de 2017

PrácTICa 17: Audacity.

Bueno bueno queridos amigos, aquí veño ca derradeira práctica de este curso!!!! Esta vez trátase de utilizar a plataforma Audacity. Realicei tres prácticas, aquí volas deixo:

1. Creación dun ambiente sonoro.
Escollín o sonido da praia alternando os sons do mar, dos pasos sobre a area, das gaivotas... Podedes acceder ao ambiente sonoro máis aos distintos sons utilizados clicando aquí

2. Creación de unha narración mesturando voz humana e efectos sonoros e/ou música.
Aquí decidín poñerlle música a un relato titulado "Indiferenza" de J.M.Vázquez, profesor e escritor no seu tempo libre e que vos recomendo moito visitar o seu blog onde poderedes ver este relato e moitos máis! A canción é "On his knees" de Danny Elfman.

3. Redeseño dun son.
Para esta práctica escollín a canción de American Idiot de Green Day ca que usando diferentes ferramentas a convertín en algo diferente! 

E así remato este fermoso curso, ata outra queridos compañeiros!!!!!!! 

PrácTICa 16: CiberActivismo.

Boas de novo! Hoxe quérovos falar de algo que está tendo moita repercusión no mundo actual, o CIBERACTIVISMO. 

Primeiro, comezaremos definindo este termo. Que é o ciberactivismo? Pois como a propia palabra o di, é activismo na rede. Un fenómeno cultural en medios dixitais que promove a participación política ou social, onde se organizan foros de discusión, actividades que van hacia o físico, o traslado de información para facer conciencia, a exposición de temas para propoñer solucións, entre outros. 

Os medios polos que se desenvolve este movemento, son principalmente, as redes sociais (Facebook, YouTube e Twitter por excelencia) o que chegou a ter un gran impacto a nivel internacional. Tamén existen outras páxinas que permiten a creación e difusión de causas ou peticións polas que se intenta loitar, como por exemplo Change ou Avaaz

PrácTICa 15: POP ART con Gimp e Inkscape.

Boas de novo! Aquí vos traio unha práctica onde vos amosarei o efecto POP ART realizado en diferentes plataformas, Gimp e Inkscape. Tamén cas explicacións de Pascual. Espero que vos gusten!

Foto real do actor irlandés Jamie Dornan:


POP ART con Inkscape:




Imaxe real do guitarrista, cantante e compositor estadounidense Jimi Hendrix: 



POP ART con Gimp:



PrácTICa 14: Tatuaxe dixital.

Benvidos unha vez máis ao meu blog!!! No día de hoxe a práctica trátase de facer unha tatuaxe dixital en un fondo como por exemplo o corpo dunha persoa. Busquei siluetas de tatuaxes na rede e as cales as pasei a o idioma vectorial dende Inkscape e despois disto, ca foto do personaxe en Gimp, trasladeinas a esta plataforma onde as intentei colocar o mellor posible no corpo da persoa. Como sempre ca axuda do noso profe Pascual. Espero que vos guste!!!!!!!!!

PrácTICa 13: Caligramas.

Hola a todos!!!! No día de hoxe tivemos que facer dous caligramas para os cales utilizamos a plataforma Inkscape e as explicación do noso profesor Pascual.

Para facer o caligrama de contorno elexín unha silueta de unha muller embarazada ca canción de
"Madre" de Hard Gz representando o amor de un fillo hacia a súa nai: arquivo svg


Para o caligrama de dintorno elexín unha silueta de unha parella que contén a canción "Querer Querernos" de Canserbero, rapero venezolano: Archivo svg