jueves, 22 de junio de 2017

PrácTICa 16: CiberActivismo.

Boas de novo! Hoxe quérovos falar de algo que está tendo moita repercusión no mundo actual, o CIBERACTIVISMO. 

Primeiro, comezaremos definindo este termo. Que é o ciberactivismo? Pois como a propia palabra o di, é activismo na rede. Un fenómeno cultural en medios dixitais que promove a participación política ou social, onde se organizan foros de discusión, actividades que van hacia o físico, o traslado de información para facer conciencia, a exposición de temas para propoñer solucións, entre outros. 

Os medios polos que se desenvolve este movemento, son principalmente, as redes sociais (Facebook, YouTube e Twitter por excelencia) o que chegou a ter un gran impacto a nivel internacional. Tamén existen outras páxinas que permiten a creación e difusión de causas ou peticións polas que se intenta loitar, como por exemplo Change ou Avaaz


Persoalmente, coñecín o que era isto a través de unha compañeira, moi amiga miña, que cursou TIC o pasado ano, e que a raíz desta mesma práctica motivouse para dar a coñecer o que era. Comezoume a contar todo o que investigara e a súas gañas de participar e que a xente participase. Dende ese día xa o termo do ciberactivismo rondou a miña cabeza, tanto con cousas boas como con cousas malas. 

É unha boa idea xa que é un medio rápido de difusión que pode concienciar a moita xente e que ésta mesma con so un clic pode estar axudando a moitas persoas, pero por outro lado creo que se nos acostumamos a facer todo dende unha pantalla, o verdadeiro espírito de loita e de manifestación estaríase perdendo. Por iso para min o ciberactivismo é unha axuda dentro dos nosos dereitos como cidadáns de saír á rúa e loitar polo noso ben. Polo tanto, en si, non é a solución, ten que ir acompañado de outros factores para que de resultado.

Algo que últimamente me molesta cada vez máis é o desinterese da sanidade española en xeral, pero o que máis, o trato a persoas con enfermidades raras que habitualmente as teñen un porcentaxe baixo da poboación. Este tema estase olvidando xa que non afecta a unha maioría, polo que recortan en gastos de investigación, algo que me parece lamentable, porque se non hai forma de buscar solucións esa xente queda no olvido e polo tanto sen axuda o que é duro cando tes que loitar contra unha enfermidade da que pouco se sabe. Penso que non se debe de escatimar en gastos dentro do mundo da sanidade e non facer diferencias entre tipos de enfermidades, xa que todos temos os mesmos dereitos e merecemos o mesmo tipo de axuda. 

Aquí vos deixo unha petición de Change onde fala de un caso de este tipo, o que vos agradecería que firmásedes, porque como xa dixen antes, so é un clic!!!!

Loitemos por unha sanidade pública e igualitaria para todos!!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario